Rematan as obras de reparación da cuberta no colexio de Muras

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora da cuberta do Colexio de Educación Infantil e Primaria Antía Cal Vázquez de Muras, ás que destinou un orzamento de 15.500 euros.

Os traballos acometéronse para corrixir a filtración de humidades nalgúns puntos. Así, procedeuse a retirar a impermeabilización da cuberta plana existente e a realizar unha nova cunha lamina flexible de poliurea. Igualmente, reparouse o lousado da cuberta inclinada.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional contemplaba a execución destas obras durante o verán, dentro da programación anual de traballos de mantemento e conservación, pero adiantáronse os prazos tras a suspensión das clases pola crise sanitaria.

Etiquetas