Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Unha reunión a semana próxima decidirá sobre as festas de San Xoán de Guitiriz 2020

Por 4 Xuño, 2020Sin comentarios

A comisión organizadora das festas de San Xoán deste ano manterá unha reunión con representantes da hostalaría e do Concello para ver as posibilidades de celebración das patronais de este ano debido á situación sanitaria que atravesa Galicia desde a irrupción do coronavirus.

A comisión e os representantes municipais analizarán a próxima semana a situación para poder combinar a celebración, total ou parcial coa situación para esas datas.

As festas de San Xoán, a cargo da asociación cultural e deportiva Ecce Homo que ten como organizador a Jesús Fonte xunto con dous compañeiros, teñen unha duración de cinco días e son as festas principais da localidade e serven de inicio ao periodo festivo estival.