Abadín prepara axudas para os afectados polo coronavirus

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou que haberá axudas no Concello para os autónomos que complementen as que está a prestar a Xunta de Galicia e o Estado para os afectos pola crise do coronavirus. O rexidor explicou que aínda están vendo o sistema de axudas para que podan cubrir as necesidades do maior número de persoas.

Así mesmo, indicou que os autónomos contan dende sempre coa gratuidade das taxas dos servizos públicos no Concello.

Ademais, o alcalde fixo unha valoración do traballo realizado durante os meses de confinamento. “Fumos un dos poucos concellos que non pechamos e estivemos atendendo ao público de forma presencia de xeito continuado. Ademais, non paramos os servizos xa que atendemos a todas as xestións burocráticas e mantivemos servizos como a recollida de enseres”, explica o alcalde.

Po outra banda, lembra que continuarán co proceso de entrega de máscaras aos veciños para a súa protección. Especifica Rancaño que se fixeron xa dúas entregas de máscaras, primeiro para adultos e logo para adultos e nenos e que esperan facer estos días unha terceira entrega deste material de protección. “Trátase de que todos teñan material suficiente para a súa protección tal e como viñemos facendo dende o principio, que todo o persoal municipal dispuxo de máscaras así como aqueles lugares onde había funcionamento continuados como centro médico e comercios abertos por seren de primeira necesidade”, explicou.

Detallou que o reparto de máscaras entre os pequenos fíxose en colaboración coa anpa do colexio, e estes recibiron tamén mamparas de protección.

Finalmente, lembra Rancaño que se fixo un labor continuado de desinfección no centro médico, supermercados de alimentación, no concello e centros susceptibles apoiados por unha sulfatadora de 600 litros que se mercou para dito labor e que conta con dotación de persoal propia.

Así mesmo, indicou que xa están en marcha as feiras, coas medidas de protección debidas.

PLENOS

Sobre a ausencia de plenos durante os últimos catro meses, o alcalde explicou que debido á situación sanitaria non se fixeron de forma presencial e o sistema telemático non funcionaba ben pero avanzou que agora que xa é factible celebralos convocarase un.

 

 

Etiquetas