Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre a inscrición na Esmuvi con modalidade de clases telemáticas o presenciais

Por 5 Xuño, 2020Sin comentarios

A Escola de Música de Vilalba (Esmuvi) vén de abrir o prazo de inscrición para o curso 2020-2021 para todos os grupos, todas as idades e todos os instrumentos.

A Esmuvi imparte clases de instrumento e linguaxe musical desde os 7 anos e tamén ofrece formación para adultos en diferentes instrumentos: trompeta, trompa, trombón, tuba, frauta traveseira, clarinete, saxofón, percusión, piano, guitarra (todos os tipos), canto, acordeón e batucada.

Para aqueles que non dispoñan del, a Esmuvi ofrece a posibilidade de prestar os instrumentos musicais.

A Esmuvi contará tamén con cursos de estimulación musical temperá, para pequenos de 12 a 36 meses en familia, iniciacion á música e As emocións a través da música, para pequenos a partir de 3 anos.

Os interesados en ter máis información ou formalizar os trámites poden facelo a través de mail no acescolamusicavilalba@gmail.com ou no teléfono 722611471.

O prazo de inscrición estará aberto ao longo de todo o curso pero as prazas son limitadas e asignaránse por rigorosa orde de inscrición.

O obxectivo para o próxim curso é comezar ao longo do mes de setembro e outubro atendendo á normativa vixente en canto a medidas de hixiene e uso de máscaras. A ratio de alumnado por clase será reducido.

Este ano haberá tamén unha novidade, xa que para as especialidades instrumentais pódese escoller formación telemática ou presencial.