Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira acolle a presentación do libro ‘La sirena de Fonmiñá’

Por 5 Xuño, 2020Xuño 30th, 2020Sin comentarios

A casa da cultura de Meira acollerá o 24 de xullo, venres, a presentación do novo libro de María del Carmen Navascués Capdevila, La sirena de Fonmiñá.

O acto terá lugar a partir das 19.00 horas.

A nova novela da escritora de Navarra recolle a historia de Sabela, que vén ao mundo no seo dunha familia miserable e de vida itinerante. Sofre os abusos do seu pai, do que ten unha filla que lle arrebatan, e vese obrigada a vagar polo mundo e a arrostrar todo tipo de penalidades. Ela é o núcleo en torno ao que se articula a acción, situada nas postrimerías do século XVIII en Galicia, Asturias, León, Cantabria, Italia e Cuba, sendo o Camiño de Santiago o unificador de todos eses escenarios.

Temas como o alcoholismo, a prostitución, a escravitude, a misoxinia, a culpa, a mentira e, en definitiva, a condición humana, entrecrúzanse entre as súas páxinas a través de seres inesquecibles que configuran un fresco unhas veces sinistro e outras luminoso, pero sempre trepidante, que farán que o lector conteña o alento en máis dunha ocasión.