Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Roteiros de Pol esperará a setembro para reanudar as súas rutas

Por 6 Xuño, 2020Sin comentarios

A asociación cultural Roteiros de Pol non reanudará as rutas mensuais ata que pase o verán, segundo anunciou a directiva da mesma. Esta organización comezou o ano cun plan de traballo consistente na celebración dunha ruta ao mes e ata o momento tiñan disfrutadas tres antes de que se declarase o estado de alarma, que obrigou a suspender esta actividade.

Así quedou por celebrarse a finais de marzo o Camiño Natural do Cantábrico, de Ribadeo a Rinlo así como outras na Pontenova, Navia, Valdoviño, Castro Caldelas, Pol, Pantón e Ribas do Sil.

Tamén foi suspendido polo momento o Encontro Astur-Galaico de sendeirismo que tiña previsto facerse este ano en Luarca e en maio a viaxe á Devesa da Escrita, en Pedrafita.