Proxectan a mellora do abastecemento de auga en oito parroquias de Castro

Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, investirá preto dun millón de euros na mellora do abastecemento de agua ao núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, así coma ao seu polígono industrial.

A Xunta de Galicia está a desenvolver un proxecto que implica a mellora das isntalacións do depósito procedente de Quintela, do que se surten tamén outras sete parroquias de Castro de Rei, Bendia, Loentia, Duarría, Matodoso, San Xiao de Mos e Triabá.

A necesidade da realización destas obras está condicionada polas deficiencias que ten o servizo durante o verán, especialmente pola falta de presión que moitas veces conleva restricións para os veciños.

No 2016 xa se firmara un convenio para proceder a unha segunda canalización dende Quintela ata Castro, que nunca chegou a construirse pero agora as necesidades son maiores debido ao aumento de poboación, o crecemento do parque empresarial ou a carga gandeira da zona, onde se atopan o centro de recría da granxa Gayoso Castro e tamén outras explotacións gandeiras.

Os traballas realizaranse en dúas fases e a primeira terá un orzamento de 628.000 euros e suporá o amaño do 80% da problemática actual. O obxectivo é sacala a contratación a finais de 2020. Os traballos consistirían na contrucción de dous tramos de tubaxe de abastecemento de polietileno de alta densidade no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e nas súas inmediacións.

A segunda fase, cun orzamento previsto de máis de 355.000 euros, contempla a execución dun ramal que mellore a conexión co polígono industrial e o servizo aumentando o caudal e a presión.

Etiquetas