Abren o proceso para a contratación de auxiliares de axuda a domicilio nas Pontes

O Concello das Pontes abriu o prazo para presentar as solicitudes para a creación dunha lista de espera de auxiliar de axuda a domicilio, a través de concurso-oposición, para a cobertura de baixas médicas, vacacións, excedencias, permisos, e cobertura de vacantes

As persoas aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ter máis de 16 anos, estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e equivalentes así como o Celga 3 e permiso de conducir B.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 09:00 a 14.00 horas, ata o 15 de xuño, ambos incluídos, así como a través da sede electrónica municipal.

Etiquetas