O Ceip Terra Chá reúnese con todos os pais a semana do 22 ao 29 de xuño

Os pais do Ceip Terra Chá de Vilalba están convocados a semana do 22 o 29 de xuño a unha reunión informativa para tratar sobre inquedanzas, dúbidas e propostas para o curso que comeza. Ademais, será o momento tamén para a entrega e recollida de material escolar ou de axuda así como de impresos.

A que se coñece como Semana das Familias realizarase por grupos para evitar aglomeracións e dar unha atención máis personalizada distinguidno por ciclos.

Así, o luns están citados os máis pequeniños, de 4º de Infantil. O martes será para o resto dos escolares de Infantil mentres que o mércores será a vez de 1º e 2º de Primaria para seguir o xoves con 3º e 4º e o venres con 5º e 6º. O día 29 será a xornada adicada ás familias que se incorporan o curso que comezará en setembro e formalizarán a matrícula, recibirán os papeis do comedor e explicacións sobre as medidas preventivas contra o covid-19.

A entrega de material e documentos será de 11.00 a 12.00 horas e a reunión coas familias terá lugar de 12 a 13 horas. No caso do 29 a reunión será soamente de 12.00 a 13.00 horas.

Aproveitarase tamén a ocasión para repartir os boletíns de notas.

O colexio comunicou tamén que foron admitidos todos os alumnos que presentaron a súa demanda de inscrición no centro xa que aínda quedaron prazas libres.

Etiquetas