Socialistas de Abadín demandan atención ás necesidades da zona rural

Concelleiros do partido socialista de Abadín critican a situación na que se atopa o rural no concello. Asegura el PSOE que o grupo de goberno está a gastar cartos nunhas operacións que non solventan grandes carencias.

Así, os socialistas acusan ao alcalde de investir tres millóns de euros no edificio do Concello, 198.000 para un camión, 700.000 para asfalto e 50.000 para tapar unha pista de pádel “e non hai un peso para arranxar depuradoras que non funcionan, nin para xestionalos plásticos agrícolas, nin para instalar a traída de auga nas parroquias onde falta, nin para unha residencia de maiores, etc”.

Demandan ao alcalde máis atención sobre estes puntos que se atopan en mal estado.

Etiquetas