Skip to main content
A PastorizaActualidade

Aprázase para o 2021 a celebración da XV edición do Festival da Chaira

Por 13 Xuño, 2020Xuño 29th, 2020Sin comentarios

A comisión organizadora do Festival da Chaira acordou non celebrar este ano os 15 anos desta cita cultural da cmarca e esperar ao 2021 para facelo con total seguridade sanitaria.

“A día de hoxe as garantías de seguridade non están claras e outros festivais máis grandes que o noso xa tomaron a iniciativa de suspendelo, e eles si que son profesionais do tema e téñeno moito máis estudado cá nós”, explican.

“A Chaínza somos un grupo de amigos que o facemos sen ánimo de lucro e só coa intención de pasalo ben e de facer cousas na nosa terra, e nunca nos perdoaríamos que pola nosa culpa houbese problemas de contaxios”, engaden.

Unha semana antes do estado de alarma xa tiñan pechado case o cartel deste ano, porque este ano cumpríanse os 15 anos de vida do festival que tiña como data prevista de celebración o sábado 11 de xullo.

“Deste xeito, temos que darlle as grazas a todos os grupos, artistas, son, palco, carpa, Concello, Deputación e membros da asociación que estaban colaborando este ano, pola súa comprensión e apoio. Mais sobre a todo a vos que sodes os que nos facedes seguer adiante ano tras ano”, din.