ITV agraria visita dende o 24 de xuño o Concello de Cospeito

A Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas pasará revisión entre o 24 de xuño e o 14 de xullo no Concello de Cospeito. Esta inspección é obrigatoria para todos os que teñan una antigüidade superior aos 8 anos dende a primeira matriculación así como os vehículos especiais cunha velocidade que non supere os 40km/h.

A unidade móbil da ITV será a encargada de facer as revisións que seráno 24 e 25 na parroquia de Arcillá, o 26 e 29 na de Pino e o 30 de xuño e 1, 2, 3, 6, e 7 de xullo en Feira do Monte. Continuarán os días 8 e 9 de xullo en Pumar e o finalizarán en Muimenta o 10, 13 e 14 de xullo. O horario será de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas, agás os venres 26 de xuño e 3 e 10 de xullo, que terán só xornada de mañá.

Os interesados en solicitar cita deben facelo no teléfono 902 309 000 ou por internet en www.sycitv.com – Cita previa.

A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros e acudir á revisión cos vehículos en perfecto estado de funcionamento, comprobando o estado das rodas, alumeado, etc. Así mesmo recoméndase levar o recibo do seguro vixente xunto coa documentación do vehículo.

Etiquetas