Bonos consumo Vilalba

O alcalde de Abadín anuncia que estudan axudas para os afectados polo covid-19

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou que haberá axudas no Concello para os autónomos que complementen as que está a prestar a Xunta de Galicia e o Estado para os afectos pola crise do coronavirus. O rexidor explicou que aínda están vendo o sistema de axudas para que podan cubrir as necesidades do maior número de persoas.Así mesmo, indicou que os autónomos contan dende sempre coa gratuidade de taxas.

Ademais, o alcalde fixo unha valoración do traballo realizado durante os meses de confinamento. “Nós non pechamos e estivemos atendendo ao público de forma presencial de xeito continuado. Ademais, atendemos a todas as xestións burocráticas e mantivemos servizos como a recollida de enseres”, explica o alcalde.

Por outra banda, lembra que continuarán co proceso de entrega de máscaras aos veciños para a súa protección. Especifica Rancaño que se fixeron xa dúas entregas, primeiro para adultos e logo para adultos e nenos e que esperan facer estos días unha terceira entrega deste material de protección. “Trátase de que todos teñan material suficiente para a súa protección tal e como viñemos facendo dende o principio, que todo o persoal municipal dispuxo de máscaras así como aqueles lugares onde había funcionamento continuados como centro médico e comercios abertos”, explicou.

Finalmente, lembra Rancaño que se fixo un labor continuado de desinfección nos centros susceptibles apoiados por unha sulfatadora de 600 litros que se mercou para dito labor e que conta con dotación de persoal propia.
Así mesmo, indicou que xa están en marcha as feiras, coas medidas de protección debidas.

PLENOS

O alcalde tamén constestou ao PSOE sobre a ausencia de plenos durante os últimos catro meses, explicando que debido á situación sanitaria non se fixeron de forma presencial e o sistema telemático non funcionaba ben pero avanzou que agora que xa é factible celebralos convocarase un.

CONTEDORES

O alcalde anunciou tamén que están a realizar as obras de acondicionamento e reparación de camiños e pistas municipais continuando co programa que xa deu comenzo hai uns anos e co que se pretende chegar a todas as parroquias. Rancaño asegurou que acometerán xa as obras financiadas polo Agader.
Así mesmo, Abadín recibiu estes días tamén unha serie de contedores que se van cambiar debido ao mal estado no que se atopan algúns deles. Así, instalarán catro novos de recollida selectiva de cartón e outros 15 de lixo orgánico. Tamén se instalarán suxeitacolectores de aceiro inoxidable para evitar o seu desprazamento.

Etiquetas