Enquisa Mobilidade

Abre o prazo para novos ingresos na escola infantil de Cospeito

Xa está aberto o prazo para a solicitudes de novos ingresos na escola infantil de Cospeito, prazo que se manterá activo ata o 30 deste mes, unha vez que xa pechou o tempo para a reserva de praza para os que xa fixeron o curso este ano.

O Concello recomenda o uso de solicitudes a través da sede electrónica pero os que teñan que facela de forma presencial deberán solicitar cita previa nas oficinas do Concello no número de telégono 982 520 001.

Deberán aportar ademais da solicitude fotocopias do DNI, libro de familia, tarxeta da Seguridade Social, certificado médico do pequeno e os documentos que xustifiquen a situación económica, como declaración da renda, nóminas, tarxetas de desempregado, prestións, etc.

 

Etiquetas