Aprazadas a 2021 as festas de San Xoán de Guitiriz

Finalmente no puido ser e malia o intento de sacar adiante as festas de San Xoán en Guitiriz, a comisión, tras unha reunión con representantes municipais, decidiu aprazar a súa celebración para o próximo ano debido a imposibilidade de garantir as medidas de seguridade e hixiere necesitarias para conter o virus e seguindo a liña do resto de concellos.

As festas de San Xoán estaban organizadas este ano pola asociación cultural e deportiva Ecce Homo ao fronte das que se atopaba Jesús Fonte xunto con dous compañeiros. Tiñan prevista unha duración de cinco días como as festas principais da localidade. De feito xa estaban confirmadas diferentes actuacións como a dos djs Fernandisco, Celso Bayo e Frisco y Marcos Peón, ademais dos grupos e orquestras Eclipse, Olympus, Fania Blanco Show e Florida entre outros.

Tamén tiñan reservada unha xornada para a Festa da Xuventude e outra para a dos nenos, con homenaxes a Btteiros Cova da Serpe e unha exhibición de Trail.

Etiquetas