Castro de Rei organiza un campamento urbano no verán para nenos

O Concello de Rei celebrará este verán un campamento urbano con grupos nas dúas vilas máis grandes, campamento que se desenvolverá do 1 ao 15 e do 16 ao 30 de xullo para nenos de 3 a 14 anos.

O horario do campamento será de 9:30 a 14 horas con servizo de madrugadores dende as 8.30 horas.

A organización do mesmo está a cargo de Galwy Servizos e Eventos, que ofrecerá información a través do teléfono 982804773. Pero as inscricións deberán realizarse antes do 19 de xuño no concello a través do rexistro.

O campamento constará de xogos, xincanas, contacontes, deportes e actividades medioambientais de diferente índole. Todas estas actividades se organizarán en función da nova normativa sanitaria.

Etiquetas