Skip to main content
ActualidadeMeira

O Concello de Meira súmase ao Pacto de Alcaldes polo Clima

Por 17 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira aprobou a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía, o maior movemento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático.

A adhesión implica asumir os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2, ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables.

Ademáis, supón a adopción de medidas de adaptación fronte aos riscos e vulnerabilidades aparelladas ao cambio climático, como son as secas, a elevación do nivel do mar, ou unha maior frecuencia dos episodios de temperaturas extremas e chuvias torrenciais.