Bonos consumo Vilalba

Concilia Rábade organiza dous campamentos en agosto

O Concello de Rábade organiza de novo este ano o programa Concilia en Rábade dous campamentos urbanos que terán lugar no mes de agosto. O programa desenvolverase cumplindo todalas garantías sanitarias e de seguridade que a situación actual esixe.

A pretensión do campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico do contorna.

Desenvolveranse numerosas actividades ao aire libre e baxio cuberto con estadías no centro sociocultural, pavillón, campo da feira, campo de fútbol e Centro das Insuas

O campus estaá dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos en horario de luns a vernes de 10:00h a 14:00h e o prezo é de 30 euros por todo o mes pero tamen haberá quendas semanais de 10 euros cada unha.

CAMPUS DE PATINAXE

O concello organiza tamén un Campus de Patinaxe que terá lugar os días  31 de agosto e 1, 2, 3 e 4 de setembro no Pavillón Municipal en horario de 9:00h a 14:00 h.

Neste campus os nenos de 4 a 15 anos fará adestramentos de técnica de patinaxe e multideporte en patíns, xogos tradicionais e xogos con material alternativo. Ten un prezo de dez euros.

As incricións poden facerse dende o luns 22 de xuño ata o 10 de xullo de 9.00 a 14.00 horas na Área de Cultura e Deporte do Concello. As prazas serán limitadas prazas limitadas e por orde rigurosa de inscrición e os grupos, para cumprir coa normativa sanitaria serán de 9 pequenos por monitor.

 

 

 

Etiquetas