Skip to main content
ActualidadeVilalba

Traballadores maniféstanse de xeito sorpresa en Vilalba esixindo unha solución para Alcoa

Por 19 Xuño, 2020Sin comentarios

No día de hoxe Vilalba convertiuse no epicentro da protesta dos traballadores de Alcoa polo anuncio do despedimento colectivo a partir do día 25 de xuño de 534 empregados na fábrica de San Cibrao, a única de produción de aluminio primario en activo en España.

Segundo as estimacións do comité de empresa, serán máis de medio milleiro de postos de traballo e ao redor de 400 de empresas auxiliares as que desaparecerán se o Goberno español continúa sen garantir un prezo da electricidade competitivo que permita, coa multinacional ou con outro xestor, manter a produción e os postos de traballo.

Así, esta mañá, sobre as 11.00 horas os traballadores volveron manifestarsem nesta ocasión cortando con barricadas de lume a A-8 ao seu paso por Vilalba. A manifestación consistiru primeiro nunha mobilización que matiña paralizado o tráfico na A-8, en ambos os sentidos, á altura do desvío cara a Vilalba, por Momán e A Madalena. Outra acción sorpresa coa que os empregados da fábrica de San Cibrao queren defender “o presente e o futuro das miles de familias que viven do aluminio”.

Foron moitos os gritos que entonaron os manifestados pedindo A solución, unha intervención, Enerxía, soluciónMadrid, escoita, A Mariña está en loita, Aluminio, solución!! Alcoa go home!! ou As cubas non se paran.

Non faltaron as sorpresas como a representación en cartón dun Congreso dos deputados cun empregado tirado diante e volveron a representar o queima da economía da Mariña cunha queima de neumáticos.

Pero non queda todo aquí, os traballadores continuarán as súas manifestacións o sábado de noite cunha marcha nocturna, con luces, convocada polo comité de Alcoa en San Cibrao. Chaman a participar a todos os empregados da fábrica, aos das empresas auxiliares e á Mariña, en xeral.

A marcha partirá ás 22:15 horas da entrada da fábrica e os traballadores, que irán vestidos coa roupa de faena, atoparanse cos veciños da comarca no parque Reina Sofía, baixo o lema A Mariña sálvase loitando.

Os traballadores están facendo unha importante mobilización que contempla varias accións como a realización dun vídeo (pódese ver nesta noticia) que analiza como quedaría a situación na Mariña.