Skip to main content
ActualidadeVilalba

Xa hai gañadores do certame de microrrelatos de Vilalba

Por 20 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba fixo público o resultado de concruso de Microrrelatos convocados con motivo da celebración do Día do Libro 2020, organizadoen colaboración con Culturalia GZ.

Así, na categoría infantil os gañadores foron Paula Pérez Cendán, por O día do revés (de Vilalba); Aroa Fernández Jiménez, por Un incríbel refuxio (Baiona) e África Montenegro Feal, con Os ollos de Marta (Vilalba).

En categoría xuvenil o primeiro premio foi para Mariña Maceiras Segovia, con Xardinaxe (Pontevedra), seguida de Nee Barros Fernández, con O exército da perfección (Marín) e Carlota Millor Prado, coa obra Libros (Vilalba).

Na cartegoría de adultos, o gañador foi Pedro Naveira Pedreira, con Remate (A Coruña), ao que seguiu Patricia Torrado Queiruga, Confin (arte) (Porto do Son) e Cristina Arias López, con Fuga Perfecta (As Pontes).

O xurado estivo compoisto por Mercedes Queixas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG; Ánxela Gracián, tradutora e escritora, e Armando Requeixo, escritor, profesor e crítico literario.

O xurado quixo destacar a estimable calidade das obras presentadas, así coma do alto nivel de participación xeral no certame, con case un cento de orixinais.

“En canto aos traballos premiados e finalistas, salientar, na categoría de adultos, a refinada técnica, a capacidade estilística sumadas á habelencia para crear mundos literarios concentrados en textos hiperbreves; e nas outras categorías (infantil e xuvenil) destacar a capacidade imaxinativa e a florecente sensibilidade amosada nas paisaxes literarias descritas”, explicaron.

A entrega de premios adiarase polo momento, ata que se atope unha data que o permita debido á situación sanitaria.