Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Friol FS ascende a Primeira Galicia

Por 22 Xuño, 2020Sin comentarios

O CD Friol FS confirmou o seu ascenso a Primeira Galicia Sénior de FS Lugo-A Coruña. Este logro é consecuencia do esforzo levado a cabo nos últimos tempos e despois de 9 anos de espera.

Esta confirmación chegou unha vez remataradas as competicións por mor da pandemia. Para confirmar a praza fixo falta un estudo por parte da Federación das prazas dispoñibles e contar co respaldo do Concello de Friol.

Segundo manifestaron dende o club a través dun comunicado, “damos as grazas de corazón a José Ángel Santos, alcalde de Frio, polo seu apoio e aprobación deste proxecto e para volver disfrutar do fútbol sala como locais en Friol”. Así mesmo agradeceron o apoio dos colaboradores e patrocinadores.

Non faltaron tampouco as palabras de agradecemento aos xogadores polo seu “esforzo e cariño constante que amosan ao club, e a súa fidelidade, entusiasmo e compromiso”.