Os veciños concentraranse para a pedir a reapertura total do centro médico de Parga

Veciños de Parga e Guitiriz, respaldados polo goberno local, organizaron outra serie de manifestacións para protestar pola non apertura total do centro de saúde de Parga. Este consultorio pechou as súas partes durante a pandemia e, unha vez rematado o estado de alarma, solicitan a volta á total normalidade e non a servizos de urxencia como ten agora.

Todos eles, que xa celebraron unha primeira asamblea coa participación de toda a veciñanza, reclaman que “non hai razóns obxectivas para que non se produza a reapertura total, parece unha decisión política” xa que “os usuarios do consultorio están máis seguros acudindo alí que se teñen que ir ata Guitiriz, porque se duplicaría o número de usuarios e polo tanto tamén a posibilidade de contaxio”.

A primeira concentración será este martes 23 de xuño, ás 10.00 horas, diante do consultorio médico. A continuación, o xoves 25, ás 10.00 horas, concentraranse en Lugo, na explanada do Hula, para o que haberá un bus gratuíto (é preciso anotarse previamente).

Os interesados en anotarse ao bus deben facelo antes do martes, ás 14.00 horas nos teléfonos 629 151 758 e no 618 313 635, ou nos locais de Comba, A Costa, A Badorna, Salón Amanda, O Recreo, Farmia, CIT e Viña.

Etiquetas