Bonos consumo Vilalba

Elena Candia visita o grupo Leite Río para falar de investimento en empresas do sector

A provincia de Lugo é unha referencia na industria agroalimentaria. Algunhas das súas empresas son punteiras en España. A presidenta do PP lucense, Elena Candia, cabeza de lista pola provincia ás eleccións municipais, visitou recentemente Leite Río, no polígono do Ceao, e mantivo unha entrevista coa súa titular, Carmen Lence. No transcurso da reunión pasaron revista á situación do sector.

Candia, ao fío da reunión con Lence, destacou que a Xunta destinará un total de 10.250.000 euros ao eixo da promoción, comercialización e internacionalización dos produtos galegos dentro do plan de reactivación e dinamización que impulsa a Consellería do Medio Rural, para facer fronte á crise provocada pola covid-19 nos sectores primarios da nosa comunidade. A Xunta traballa en potenciar a marca Galicia Calidade como un selo que englobe, identifique e mellore o posicionamento dos produtos do sector primario, tanto os que contan con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida como os derivados das razas gandeiras autóctonas, os que contan co selo de artesanía alimentaria, os amparados por Galega 100% ou os de PescadeRías.

Ademais coa participación de Medio Rural e do Igape están deseñando un Plan de internacionalización das empresas agroalimentarias da nosa comunidade. Esta iniciativa incluirá, entre outras cuestións, a fixación de países obxectivo, estudos de mercado, asesoramento, formación, asistencia a feiras e misións comerciais. Neste mesmo sentido, dentro do eixo da formación, innovación e dixitalización, aplicarase un plan de formacióne asesoramento en márketing e loxística de vendas, que incluirá tamén unha liña de axudas para a contratación polas pemes do sector de persoal especializado.

Por outra banda: a Xunta rematará de aboar nos vindeiros días as axudas da PAC de 2019 a máis de 11.000 gandeiros e agricultores da provincia de Lugo.

Por outro lado, dentro da liña de axudas establecidas pola Xunta para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (ICA), desde o ano 2016 prestou apoio na provincia de Lugo a 49 empresas, con aportacións que suman un total de 10.348.476,78 euros

Etiquetas