Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Preto de 200 persoas concéntranse diante do centro de saúde de Parga

Por 23 Xuño, 2020Sin comentarios

Ao redor de 200 veciños e veciñas de Guitiriz concentráronse hoxe, martes 23 de xuño, diante do centro de saúde de Parga para esixir ao Sergas que se produza a súa reapertura total.

O consultorio, que se pechou ao inicio do Estado de Alarma para centralizar a atención en Guitiriz coa promesa de retomar a súa actividade cando este finalizase, só está a abrir os martes e os xoves para levar a cabo extraccións de sangue.

A veciñanza; que estivo acompañada da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, do equipo de goberno local e dos membros da corporación; volveu a reclamarlle ao Sergas que “cumpra a súa palabra” e dispoña a apertura total do centro de saúde.

O próximo xoves, 25 de xuño, continuarán as mobilizacións. A Comunidade de Montes e os Comerciantes de Parga convocaron ás 10 horas unha concentración na explanada do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula). Para desprazarse haberá un bus gratuíto.