Suspenden as festas de Bretoña previstas para finais de agosto

A comisión de festas de Bretoña para o ano 2020 decidiu cancelar a festa que estaba programa, como de costume, o penúltimo fin de semana de agosto. Novamente o perigo de contaxio polo coronavirus é a razón pola que se suspenden as celebracións este ano.

Por outra banda, indicaron a todas as persoas que adquiriron rifas para o sorteo da viaxe prevista para o día 12 de setembro, que queda cancelada tanto a venda de rifas como o sorteo. Polo tanto todo aquel que teña rifas pode ir trocalas de novo ao lugar onde a comprou e alí devolveraselle o diñeiro.

Etiquetas