Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A piscina de Guitiriz abre o xoves e ata o 6 de setembro

Por 24 Xuño, 2020Sin comentarios

Este xoves 25 de xuño, o Concello de Guitiriz reabrirá a piscina municipal de cara aos meses de verán. Faino con todas as garantías de seguridade e hixiene, aplicando os protocolos marcados por Sanidade e ao 75% da súa capacidade, limitando o aforo a 81 persoas.

Ademais, instalaranse carteis explicativos coas diferentes medidas que deben seguir os usuarios e usuarias da piscina (distancia de seguridade, uso de mascarilla, hixiene frecuente de mans…) e non se realizarán os habituais cursos de natación. Tamén se habilitarán entradas e saídas independentes e, no caso dos vestiarios, só poderán ser usados para cambiarse.

Os horarios de apertura irán variando en función da data. Desde o xoves 25 de xuño ata o martes 31 de agosto será de 14 a 21 horas. E do 1 de setembro ao 6 de setembro de 15 a 20 horas.