Begonte coloca puntos de desinfección nos espazos públicos

O Concello de Begonte instalou varios puntos de desinfección en instalacións e espazos públicos dirixidos a extremar as medidas de seguridade e hixiene neste tempo de coronavirus.

Os usuarios poderán atopar estes sistemas de limpeza de mans nos centros de saúde de Begonte e de Baamonde, no Ceip Virxe do Corpiño, no colexio de Baamonde, no club fluvial de Begonte e no Cercud de Baamonde, así como en todas as instalacións municipais.

Por outra banda, os parques infantís xa están abertos e contarán tamén con este punto de desinfección. Ademais, limparanos diariamente para evitar riscos de contaxios.

Etiquetas