O Concello de Vilalba abre o prazo para as axudas para material escolar

O Concello de Vilalba vén de aprobar na Xunta de Goberno Local do 16 de xuño de 2020 as Bases reguladoras da convocatoria e concesión por concorrencia competitiva de axudas para a adquisición de material escolar dirixida a pequenos de Educación Infantil (3-6 anos) para o curso 2020/2021.

Para a concesión destas axudas terase en conta o número de membros e a renda per cápita da familia e oscilará entre os 100 euros ou 75 euros de máxima para cada un dos grupos de renda.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será do 25 de xuño ao 8 de xullo e esta deberá realizarse no Concello polo Rexistro.

Etiquetas