A Feira de Parga iniciarase finalmente o 28 de xuño

A Directiva da Feira de Parga anunciou que finalmente reanudarán a actividade feriada o próximo domingo 28 de xuño.

Esta decisión tomouse unha vez rematada a Fase 3 da desescalada polo covid-19 e xa entrados na fase de nova normalidade “que trae consigo unha nova normativa para a realización de Feiras e Mercados a que xa por fin nos podemos adaptar e cumplir dadas as características da nosa Feria e os productos e ganadeiros que a a elan concurren” fai que podan retomar a actividade.

A Feira na vila de Parga no Concello de Guitiriz celébrase dous domingos ao mes durante todo o ano; o primeiro é o que coincide entre os dias 9 e 15 (ambos inclusive) e o último, o derradeiro de mes.

Etiquetas