Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba Aberta convoca unha sesión de conversas on line polo Día do Orgullo LGTBI

Por 26 Xuño, 2020Sin comentarios

Vilalba Aberta convocou para este domingo, 28 de xuño, a celebración da cuarta edición do Orgullo LGTBI, dando continuidade ás convocatorias de 2017, 2018 e 2019.

Trátase dunha celebración algo diferente que, “por responsabilidade”, emitirase en directo a través das contas de Facebook e Instagram e que supón, ao tempo, a volta da xeira de Conversas Abertas, “co fin de afondar no impulso democratizador co que nacemos, así como para ofrecerlle á veciñanza de Vilalba os mellores contidos sobre os que debater e avanzarmos coma sociedade, pola vía do protagonismo e a participación activa dos propios veciños/as de vila e parroquias”.

Con estas conversas preténdese “responder ás vosas inquietudes e facer pedagoxía, dende a #¡corresponsabilidade e a través dunha concepción bidirecional, dunha nova forma de entender a política municipal, aberta, participada, democrática e eficaz”.

Neste senso esta cuarta edición, focalizada na situación e experiencias do colectivo LGTBI no Concello, contará coa presenza dos veciños Alfonso Bermúdez, traductor; Noel Dopazo, historiador; Isabel Bermúdez, estudante e David Fanego, cantante.

A sesión terá lugar a partir das 19.00 horas.