Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira terá un campamento de verán en xullo e agosto

Por 28 Xuño, 2020Sin comentarios

Vingolea e o Concello de Meira organizan un campamento de verán na localidade que se prolongará durante xulo e agosto, dirixido a menores de catro a 13 anos.

As actividades, que se desenvolverán de luns a venres, están fixadas en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, durante o mes de xullo, mentres que tanto en agosto serán polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas. Os participantes poderán gozar de xogos de animación, mesa ou tradicionais, inglés, bailes e coreografías, talleres de repostería, xornadas de praia, excursións, convivencias, formación en igualdade, paseos dacabalo e pónei, circuítos en bicicleta ou diferentes actividades en familia.

As persoas interesadas en sumarse ás actividades de verán poden solicitar máis información ou inscribirse enviando un whatsapp ao número 606 253 231.