Skip to main content
Actualidade

O PSOE provincial presenta unha moción para solicitar á Xunta un plan de reforzo da Sanidade

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá unha moción no vindeiro Pleno da Deputación “para esixir á Xunta que poña en marcha un plan que teña en conta a posibilidade dun novo rebrote da pandemia do coronavirus. “Presentamos esta proposta porque, por enriba de todo, defendemos unha sanidade pública, universal e gratuíta, fronte aos constantes recortes de Feijóo. Un sistema sanitario público reforzado será o único que dará seguridade na reconstrución económica ante calquera rebrote”, subliñou a voceira provincial socialista, Pilar García Porto.

Nesta iniciativa inclúense medidas de reforzo de persoal nos centros sanitarios, un plan específico que cubra os desprazamentos de persoal, un plan específico de reforzo para as UCIs, rematar coa precarización, ampliar e renovar a Carta de Servizos de Atención á Dependencia, así como a posta en marcha dende o primeiro momento dun número de consulta sanitaria gratuíta que poda responder ás dúbidas da cidadanía.

A Deputada sinalou que “fronte a crise sanitaria e social máis grave da nosa historia democrática, a pandemia da Covid-19 amosou o descalabro do sistema de asistencia social ás persoas maiores e da atención primaria de Feijóo”, advertiu.

No texto da moción rexistrada, o PSdeG propón os seguintes acordos;

  • Instar á Xunta de Galicia a que deseñe e poña en marcha un plan de reforzo da sanidade pública que teña en conta un posible rebrote da pandemia nun futuro que inclúa:

-Medidas de reforzo de persoal nos centros sanitarios, dun xeito especial na Atención Primaria, cunha axeitada dotación de médicos, enfermeiros e persoal auxiliar.
-O deseño dun plan específico que cubra os desprazamentos de persoal médico ós fogares de afectados que permanecen nas súas casas durante a enfermidade, para que estes desprazamentos non deixen servizos sen cubrir, como ten acontecido en moitos PAC.
-Un plan específico de reforzo para as UCIs, que contemple tanto as necesidades de persoal, necesidade de camas suplementarias, dispoñibilidade de material sanitario e de protección ou respiradoiros.
-O fin do modelo de precarización nos contratos que leva a que, mesmo no medio da crise, se sigan firmando contratos por días.
-A posta en marcha dende o primeiro momento dun número de consulta sanitaria gratuíta que poda responder ás dúbidas dos cidadáns. Poñer en marcha accións concretas para reverter a política de perda de servizos sanitarios do rural, poñendo en marcha medidas que permitan deseñar un mapa sanitario racional, que prime a igualdade na prestación de servizos en todo o territorio.
A posta en marcha dun número de consulta gratuíto que facilite información, puntual e transparente, ás familias dos maiores internados nas residencias, para que non volvan a darse as situacións de falta de información e opacidade que se produciron durante a crise sanitaria.

  • Ampliar e renovar a Carta de Servizos de Atención á Dependencia, incrementando e diversificando os mesmos, tendo en conta que a actual foi asinada por Beatriz Mato cando era Conselleira, fai xa máis de dez anos.
  • Facer efectiva a colaboración coas institucións de ámbito local, tal e como se recolle no Artigo 64 Bis da Lei 13/2008 dos Servizos Sociais de Galicia.