Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXACospeito

Pablo Casado visita unha explotación gandeira en Cospeito

Por 29 Xuño, 2020Sin comentarios

Pablo Casado visitou Galicia, en concreto o lugar de Sisoi, no Concello de Cospeito, onde percorreu unha explotación láctea local. É a segunda vez que acode á campaña galega, na que espera participar en media ducia de actos para apoiar ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo. Desde Cospeito, o líder do PP comentou que ve a Pedro Sánchez especialmente crispado e enfadado, cun único interese: insultarlle a el e a Feijóo.

O líder do PP visitou a explotación láctea xunto á presidenta provincial de Lugo e candidata, Elena Candia, e o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado. Tamén participou o senador popular lucense José Manuel Barreiro e os candidatos ao Parlamento de Galicia José Manuel Balseiro e Sandra Vázquez. Na súa intervención en Cospeito, Casado, sempre nun ton moito máis moderado do que se viu nas últimas semanas, limitouse a criticar a Sánchez por ir á campaña de Galicia só para atacar a Feijóo e non tocar ningún dos temas que preocupan en Galicia como Alcoa, Ence, As  Pontes, Citroën o as conserveiras.

Ao seu xuízo, o presidente do Goberno demostrou que non lle interesa en absoluto o que ocorre en Galicia, unha comunidade onde o PSOE pinta moi mal nas enquisas, cun resultado moi por baixo do PP, que obtería maioría máis que suficiente para poder gobernar.

Lembra que o seu partido reuniuse en diversas ocasións co comité de empresa de Alcoa e que Alberto Núñez Feijóo pediu incorporar no programa electoral do PP un estatuto da industria electrointensiva. Subliña que o único que pode dar unha solución de futuro a Alcoa é Sánchez e o seu Goberno. “Que non se oculten nos burladeros do que debe facer a Xunta, que leva anos reuníndose con eles, ou a oposición, que non somos quen aprobo os reais decretos en Consello de Ministros”, dixo.

O líder do PP fixo unha defensa do medio rural e sinalou que os populares sempre o tiveron como punto básico e principal dos seus programas. Casado reclamou ao Executivo que nos fondos de recuperación europeos, “nos que o PP está a apoiar ao Goberno”, non se prexudiquen as perspectivas da política agraria común para o próximos sete anos.

Eloxia a xestión de Alberto Núñez Feijóo por adiantar as axudas ás explotacións agrícolas e gandeiras, poñer en marcha plans específicos para favorecer a incorporación de mulleres e novas, e fomentar a especialización e tecnificación do sector. “O sector primario é para nós esencial. O PP é un partido que aposta polo rural e as pequenas poboacións e o asociado a elas, como a educación, a sanidade e os servizos sociais, porque o españois teñen dereito a vivir onde queiran”, sinala.