Skip to main content
ActualidadeVilalba

Construirán aseos exclusivos para infantil no Ceip Terra Chá de Vilalba

Por 30 Xuño, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia financia con 10.000 euros a construción de aseos integrados nas aulas de educación infantil do Ceip Terra Chá de Vilalba.

Segundo indican dende o colexio, serán uns aseos para uso exclusivo dos alumnos máis pequenos (26 familias), e estarán entre as dúas aulas comunicados en todo momento cos mestres, e con cristaleira transparente para poder ver o alumno.

Os baños novos contarán con lavabo, retretes e cambiador infantil.

Estas obras, dan resposta as medidas covid-19, xa que o alumnado de infantil estará en todo momento utilizando os mesmos aseos do grupo de convivencia, sin ter que ir a aseos comúns do centro como ía ata o de agora.

Os baños estarán listo para o comezo do novo curso. Ademais, tamén se mellorará o servizo eléctrico.

Estas obras súmanse a outras que se farán noutros cinco centros educativos da localidade, como o pintado la fachada do Monteseivane e a mellora das instalacións eléctricas nestes dous centros e na EEI de Vilalba e o Ceip Mato Vizoso, no que tamén ser farán varias reparacións. As reparacións serán extensivas aos institutos Lois Peña Novo e Santiago Basanta Silva.