Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Renova a directiva da Anpa do colexio de Rábade

Por 30 Xuño, 2020Sin comentarios

A Anpa do colexio Otero Pedrayo de Rábade renovou a súa directiva quedando como presidente da mesma Manuel Martínez Fernández; vicepresidenta será Andrea Sanmartín Cuquejo; tesoureiro, Pablo Díaz Atanes; secretaria, Zaida Álvarez Piñeiro, e vogal, Teresa Novo Veiga.

Tamén se decidiu, igual que xa se fixo no mes de decembro, non cobrar a cota do mes de febreiro e a metade de marzo e pagalo con fondos propios.

A Anpa agradeceu  a toda a comunidade educativa o esforzo feito nestes últimos meses de confinamento pola pandemia do coronavirus. Tamén fixeron un agradecemento especial para Lilo e mais Azucena, que deixan a directiva despois de “facer un gran traballo” nestes últimos anos.