Vilalba incorpora os colores da bandeira LGTBI ao seu mobiliario urbano

Rapaces e rapazas da biblioteca Agustín Fernández Paz pertencente aos IES Basanta Silva de Vilalbanon non quixeron deixar pasar a oportunidade de dar visibilidade á celebración do Día do Orgullo polo que pintaron os bancos da Alameda da capital chairegacoa bandeira LGTBI.

Este acto reivindicativo, realizado coas normas de seguridade sanitaria contra o coronavirus, contou co apoio do Concello co obxectivo de reivindicar a igualdade. “Rapazas e rapaces que nos ensinan valores e principios das novas xeracións, orgullosxs de vós. Nin un paso atrás!”, explicaron os dirixentes municipais.

Dende hai varios días, o consistorio vilalbés tamén luciu a bandeira multicolor. “Hoxe Vilalba deu un paso cara a adiante, na senda do progreso e da defensa dos dereitos e liberdades do colectivo LGTBI, un xesto simbólico cargado de significado”, explicaron dende o Concello.

Etiquetas