As Pontes pecha a adxudicación das obras de mellora da estrada en Porto do Liño

A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes adxudicou, esta semana, á empresa Francisco Gómez y CIA, unha nova fase das obras de mellora do firme en Porto do Liño, na parroquia pontesa da Faeira

Este proxecto financiado pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 30.990,93 euros permitirá a rehabilitación do camiño municipal, mellora a súa calidade estrutural e superficial, aumentando, deste xeito, a seguridade viaria na zona.

Os traballos previstos contemplan o barrido da superficie e a limpeza das marxes. Nos entroques coa estrada existente fresarase o firme para rematar correctamente a reparación realizada mentres que naquelas zonas onde a estrada se atope afundida realizarase o bacheado previo. Así mesmo, executarase unha nova capa de rodadura de cinco centímetros de formigón bituminoso. As obras rematarán coa reposición da sinalización horizontal.

Etiquetas