Suspendida a Feira da Canteiría de Parga

A Comunidade de Montes de Parga, en Guitiriz, acordou en común acordo co Concello a suspensión da Feira da Cantería, que todos os anos ten lugar na segunda quincena de xullo e que o ano pasado cumpriu un cuarto de século de vida.

Segundo indicou o presidente da comunidade de Montes, José López Rodríguez, “coas novas normas que vén de publicar a Xunta de Galicia é imposible poder manter un control sobre esta situación. Xa o ano pasado repartimos unhas 800 racións de callos, o que implicaría un volume de público que poría en grave risco de contaxio aos asistentes”.

Os organizadores aseguraron que a feira volverá convocarse o próximo ano.

Etiquetas