O Concello de Muras recibe a piscina pero non abrirá aínda

O Concello de Muras recibiu xa as obras da piscina municipal, que consistiron na construción do novo vaso para os máis pequenos e o amaño do existente. Estas obras sufriron este ano o segundo retraso pola situación de alerta sanitaria e tras un primeiro retraso debido ao incumprimento da empresa que gañou o concurso na primeira convocatoria.

Os traballos consistiron na remodelación do vaso de adultos incorporando novas bombas de aspiración e depuración e tamén a construción dun vaso infantil. Completa o proxecto de obra o peche do recinto. Todo cun orzamento de 110.000 euros.

O alcalde do Concello, Manuel Requeijo, mostrouse moi satisfeito co resultado das obras. “Esperando que a xente a desfrute en especial agora que non teremos todos os problemas que nos daba a anterior, explicou.

Aínda que a piscina está rematada o Concello opta por non abrir aínda debido ao perigo de contaxio. “Tratamos de ser prudentes dende o principio, vemos a que o perigo é moi importante e máis agora co brote experimentado na Mariña”, indicou.

Etiquetas