O Lago DVSport crea un equipo sénior en Primeira Galicia

Tras dous anos de crecemento e de estabilidade, esta nova tempada o Lago DVSport dá un paso máis e crea o seu primeiro equipo de categoría sénior de fútbol sala que arrincará a liga na categoría Primeira Galicia.

O obxectivo marcado polo club é que os xogadores xuvenís poidan ter continuidade despois da súa etapa de formación, eles serán o alicerce básico deste equipo e “pretendemos que sexa o espello no que se miren todos os xogadores da base para algún día chegar a formar parte del”, explican dende o club.

Hai meses que a dirección deportiva de Lago DVSport está a traballar na confección deste equipo e varios xogadores xuvenís vestirán a próxima tempada a camiseta do sénior. “O obxectivo é formar o persoal integramente con xogadores locais”, indicou.

En próximas datas, e segundo vense pechando conversacións agora mesmo abertas, daranse a coñecer os nomes dos xogadores, así como do adestrador e o seu corpo técnico, que conformarán este Lago DVSport Sénior.

Etiquetas