Os títulos da parcelaria de Ramil entreganse progresivamente dende o luns

O Concello de Castro de Rei convocou aos veciños afectados á entrega de títulos da Zona de Concentración Parcelaria de Ramil, que foi suspendida no mes de marzo tras ser decretado o estado de alarma e de alerta sanitaria.

Non haberá un acto de entrega oficial e para evitar que os veciños acudan xuntos establécense un periodo de recollida dunha semana, entre o 6 e o 10 de xullo en horario de mañá, de 10.00 a 14.00  horas no salón de sesións do Concello.

Do mesmo xeito, aqueles que non poidan acudir esta semana terán de tempo a seguinte.

Os veciños afectados deberán acudir co seu DNI, ao mesmo tempo que aqueles que queiran recoller os títulos en nome de persoas falecidas, que deberán adxuntar a documentación correspondente á sucesión.

Etiquetas