Bonos consumo Vilalba

Abadín destinará o Plan Único a aglomerado de vías, contedores e sufragar parte do SAF

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou as obras que se sufragarán con cargo ao Plan Único da Deputación, que se aprobará estes días por parte da entidade municipal. A partida presupuestaria da entidade provincial ascende a 335.452 euros para un grupo dea accións que ascenden en total a 350.777,21 euros, dos que o concello aporta  resto, 15.325,20 euros.

O groso da partida irá destinado ao acondicionamento de camiños municipais. Nunha primeira partida realizarán traballos en vías das parroquias de Fanoi, Ende, Corvite e Seivane de Vilarente por un importe total de 82.425,60.

Unha segunda acción tamén irá para  os caiños municipais en Fanoi, Ende e Galgao, tamén con 81.329,04 euros de orzamento. Finalmente, nunha terceira partida de 77.193,62 euros, destinarase ao acondicionamento de estradas en Abeledo e Seivane de Vilarente.

Os traballos consistirán na roza de cunetas, aglomerado e pintado das vías rexistradas no proxecto.

Por outra banda, o Concello destinará tamén 98.571,20 euros ao suministro e instalación de contedores nas parroquais de Abadín, Abeledo, Graña, Aldixe, Goás, Baroncelle, Candia, Fanoi, Fraias, Galgao,Labrada, Montouto, Ende, Romariz e Vilarente. O Concello está a realizar o cambio de contedores desde hai uns meses en diferentes parroquias debido a que se atopan en mal estado polo paso do tempo.

Finalmente para o Servizo de Axuda ao Fogar, o Concello de Abadín destinará 11.257, 75 euros, unha pequena axuda que vai para un servizo que ten un orzameno anula de 600.000 euros anuais e que sufraga a Xunta. Este servizo, que leva varios anos funcionando no Concello atende actualemnte a 130 maiores a través de 55 traballadores.

“Trátase dun servizo imprescindible para o Concello de Abadín que está a ter grandes resultados pero o seu mantemento é moi elevado polo que estes cartos da Deputación son unha axuda importante para manter a atención aos nosos maiores”, explicou o alcalde.

Etiquetas