Está aberto o prazo de presinscrición na escola infantil de Castro

O Concello de Castro de Rei abriu o prazo para solicitar praza na escola infantil Manuela López Besteiro de Castro Ribeiras de Lea, prazo que se manterá activo ata o día 31 deste mes.

Poderán matricularse os nenos empadroados no Concello ou cuxos pais traballen no mesmo, nacidos desde 1/1/2018.

Poderase solicitar de maneira telemática, a través da páxina web municipal, ou ben de maneira presencial no Concello pedindo cita previa no 982 31 40 34.

Etiquetas