Suspenden a segunda edición do festival Pozomouro de Muimenta

A organización do festival Pozomouro de Muimenta comunicou a suspensión da edición prevista para este ano, que sería o segundo da súa existencia e que tiña data de celebración o 29 de agosto. Novamente a estritas e necesarias medidas de distanciamento social marcan esta decisión na procura de evitar os contaxios.

Este festival foi unha iniciativa cultural baixo a dirección de veciños de Muimenta e membros da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño co obxectivo de deseñar un festival diferente “onde a música non ocupará o papel central, senón que servira de nexo para facilitar o encontro das demais expresións artísticas”.

“Ogallá entendades a nosa decisión e nos poidamos ver todas o ano que vén, gozando xuntas na praia fluvial de Muimenta, con máis forza ca nunca” explica a organización.

 

Etiquetas