Skip to main content
ActualidadeMuras

O PAI de Muras mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso

Por 7 Xullo, 2020Sin comentarios

O Punto de Atención da Infancia (PAI) de Muras vén de abrir un novo prazo de inscrición para o curso 2020/21. Este centro de atención á infancia oferta un total de 20 prazas e poden acudir menores de entre tres meses e tres anos, de luns a venres, de 8.00 a 16.00 horas. O horario máximo de entrada será ás 10.00 horas e as saídas serán de 12.30 a 13.00 horas e a partir das 14.00 horas para os que fagan uso do servizo de comedor.

O prazo estará aberto ata o 15 de xullo e as persoas que queiran coñecer as instalacións tamén poden facelo concertando cita coa súa responsable, Alba Pernas, no teléfono 655 470 548.

Os formularios están a disposición nas Oficinas Xerais do Concello, pero é imprescindible facelo con cita previa no teléfono 982 500001; ou tamén no rexistro electrónico do Concello ao que se pode acceder a través da sede electrónica.