Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Oito poemas feitos polos veciños formarán parte do Poemario Rabadense

Por 7 Xullo, 2020Sin comentarios

Oito poemas elaborados por rapaces e adultos do Concello de Rábade pasarán a formar parte do Poemario Rabadense que se publicará en breve.

Trátase das pezas gañadoras do concurso organizado polo Concello con motivo do Día das Letras Galegas no mes de maio e que deixou como gañadores na cagtegoría de nenos de 9 a 11 anos Pesca, Slenterman e A137.

Entre os rapaces de 12 a 16 anos, o gañador foi Feira, seguido de Coroa e Ola.

Finalmente, na categoría de adultos, que se incluiu máis tarde a petición popular, os gañadores foron Badeladas e Xosé Full.