O Ceip Terrá Chá de Román acolle un campamento de verán

Organízase por parte do centro de ocio MINDS e o Ceip Terra Cha o 1º campamento de verán do centro educativo aberto a todos os nenos e nenas de Vilalba, aínda que o alumnado do centro terá terá descontos especiais.

O campamento desenvolverase entre o 21 de xullo e o 1 de agosto para nenos de 3 a 12 anos e sempre en horario de tarde, xa que será de 15.30 a 19.30 horas.

Realizarán actividades ao aire libre como manualidades, deportes, xogos de auga, sendeirismo, música, horta urbana, expresión corporal, contacto coa natureza, picnics e acampadas.

O prezo do campamento será de 95 euros para os que. non sexan alumnos do colexio e ofrécese a posibilidade de traslado desde Vilalba.

Como non podía ser doutro xeito, é obrigado o uso de máscara e aplicaranse as medidas hixiénico-sanitarias.

Os interesados en incribirse poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 636 382 326.

Etiquetas