Suspendidas as competicións de carrilanas de Meira e Abadín

A situación sanitaria e o risco de contaxio provocaron unha nova anulación de actividades este verán xa que non se celebrarán os descenso de carrilanas previstos para os días 18 e 19 de xullo nas localidades de Meira e Abadín.

Esta decisión estaba condicionada xa pola decisión da propia Federación Española de Deportes de Inercia de suspender a competición nacional e foi apoiada polos respectivos concellos e polos patrocinadores dos eventos, xa que estas probas contan cun público moi numeroso que podería ir en contra das normas de seguridade impostas polos organismos competentes.

Polo de pronto, ambas as dúas competicións trasládanse para o próximo ano, concretamente para os días 18 e 18 de xullo de 2021.

Para Abadín esta ía ser a XIX edición mentres que para Meira sería a segunda.

Etiquetas