Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Aula CeMIT continúa a semana que ven con diferentes actividades

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

A aula da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz acolle durante o mes de xullo a actividade Kids digital summer camp. Esta actividade do aliado dixital Everis levarse a cabo na Aula CeMIT Guitiriz no mes de xullo, en horario de 16:00h a 17:30h, e está destinada aos nenos e nenas de entre 11 a 15 anos de idade.

Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, o aliado dixital Everis, organiza un campamento de tecnoloxía para os cativos e cativas en formato virtual e de balde.

Dentro deste campamento terá lugar o martes 14 unha charla sobre seguridade nas redes a cargo do Plan director de participación cidadá da Policía Nacional. Tamén terá lugar un taller co título  Tinkerkad. Primeiros pasos en realidade virtual: deseña en 3D. Como crear os elementos do meu primeiro videoxogo.

O mércores 15 a charla falará sobre O que nunca poderán facer os robots, da man de Karla Alarcón, directora Fundación Everis. Seguiá un taller co título App Inventor. Crea a túa propia apliación móbil.

Finalmente, o xoves 16, Javier Rodríguez Molowny, experto en IoT, falará sobre Robot, faime os deberes. A continuación terá lugar o taller Scratch. Desafía á túa imaxinación.

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega e ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300. Tamén poden informarse no teléfono 982 370 062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal.