O Cercud de Baamonde cancela o torneo de fútbol burbulla de dous campamentos

O Cercud de Baamonde cancela a 5 edición do torneo de Fútbol Burbulla, que tiña previsto celebrarse, como xa ven sendo habitual, no mes de agosto. A organización lamenta tomar esta decisión pero vía “difícil garantir as condicións de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias”.

“Queremos mandar un aviso de responsabilidade. Poñede a máscara e gardade as distancias de seguridade”, engade a directiva do club.

Comunicaron tamén a cancelación de dous campamentos scouts que sumarían preto de 200 nenos e monitores;
o primeiro ía ter lugar na segunda quincena de xullo cun grupo de Alcorcón (Madrid) e o outro en agosto cun grupo de San Fernando (Cádiz).

Pola súa banda, o recinto da área recreativa con mesas e barbacoas; así como a zona de baño, seguirá aberta. A entrada é de 1,5 euros por ocupación de mesa e o carné de socio 30 por unidade familiar.

Etiquetas